www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Francisca Canal deixa a presidencia do PP de Redondela
Institucional • 5/11/2009
Autor: Lorena Otero

A edil anunciou que non será a candidata dos populares nas eleccións municipais do 2011 por considerar que "é tempo de dar paso aos que veñen detrás para fortalecer á formación". Canal continuará á fronte do partido ata que non sexa elixido un substituto.

 


"A decisión máis responsable tomada ao longo deste tempo" así foi como cualificou a Presidenta do Partido Popular de Redondela, Francisca Canal, a súa intención de dar paso a un novo líder para a agrupación local.  A edil afirmou que non se trata dun "adeus" senón que seguirá traballando activamente como membro do partido e como concelleira da corporación municipal, ademais de manter o seu posto na Deputación de Pontevedra.

A voceira dos populares anunciaba a súa decisión na xuntanza que celebraba onte o partido, á que asistiron todos os concelleiros do grupo e os membros do Comité Local, así como o presidente provincial, Rafael Louzán, o vicepresidente, José Manuel Figueroa, e o secretario de Organización, José Juan Duran. Canal agradeceu ao PP "o disfrute desta oportunidade" de presidir o partido da que dixo sentirse "satisfeita", así como polo "apoio, a colaboración e o esforzo prestados" por todo o seu equipo de goberno.

Deste xeito Francisca, quere facilitar, segundo apunta, a constitución dunha candidatura forte para as eleccións municipais do 2011 que recupere a alcaldía de Redondela.


 

Comentarios
Redondela
Sábado 7 de Novembro de 2009 ás 13:46 horas
alfonso rojo, estaste adicando a cortar e pegar o mesmo comentario en tódolos medios dixitais? jajajaja das pena... alomenos cambia de nick...
Carlos vaite xa carlos vaite xa carlos vaiteee xaaaa
Venres 6 de Novembro de 2009 ás 13:22 horas
Oe, oe, oe, oe, oeeeeeeeeeeeeee

Por fin empezase a facer limpeza (aínda que sexa por votade propia). A ver se a vida política de Redondela mellora cun cambio de caras ou segue sendo o mesmo.

Agora só falta carliños. (Este co morro e a cara que ten non vai marchar, non. Xente que parece autoproclamarse martir non creo que teña a valentía suficiente de marchar para facerlle un favor ó BNG ). Ah, e a demais panda de consentidores tamén tiñan que marchar con eles pois "tan culpable é o que fai (neste caso, o que desfai) como o que cala e consinte".

Por certo, segue facendo fallar outra forza politica en Redondela que teña un ideario de esquerdas en prol da xente do pobo.
alfonso rojo
Xoves 5 de Novembro de 2009 ás 23:37 horas
Era hora Paquita Canal dejara el partido popular . Es una politica que no se preocupa por los problemas de los vecinos y solo esta buscando votos como el bng ,psoe ,pg y siempre esta descutiendo con Xaime Rey y parecen el perro y el gato
Amancio Docampo
Xoves 5 de Novembro de 2009 ás 23:35 horas
"Cando vexas as barbas do teu veciño afeitar pon as túas a remollo". E Carlos Pazos, que di de todo esto, Que pensa facer? Vai repetir cabeza (pouca)/cara (ten moita) de cartel nas vindeiras municipais. Algúns aferranse moito ao sillón. Parece que Rey , marcha e Carlos Pazos debera facer o mesmo, incluso Bastos. Polo menos Paqui xa dixo que ela non iba vivir da política. Hai que sacarse o sobreiro, ca Paquita. O xesto honrraa, e sempre pode voltar, incluso de Concelleira quen sabe. En asuntos sociais non ten rival, xa non como xestora senón como cidadá sensibilizada (que non sobran persoas sensibilizadas)
[1-4]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: