www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Redondela é unha das localidade con menor taxa de criminalidade da provincia
Institucional • 5/11/2009
Autor: Lorena Otero

O ano pasado a taxa de infraccións situouse no 20 por cada mil habitantes o que supón 27 puntos por baixo da media Estatal e 10 da media provincial.


Redondela é a localidade coa menor taxa de delitos dos cinco grandes núcleos de poboación da Provincia, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía e Marín. Así o puxo de manifesto esta mañá o Subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, durante a reunión anual da Xunta Local de Seguridade, que se celebraba no noso concello. Fernández  destacou o nivel de seguridade que rexistra Redondela que segundo dixo pechou o 2008 cunha taxa de criminalidade do 20,21 por mil, 27 puntos por debaixo da media española e 10 por debaixo da media provincial.

O rexedor local, Xaime Rei, amosou a súa satisfacción por este dato e asegurou que Redondela é unha vila moi segura. Malia todo Delfín Fernández destacou que pese ao descenso do número de delitos no que vai de ano produciuse un aumento do número de faltas, así como o número de ordes de protección, en materia de violencia de xénero, que ascenden a 34 en todo o concello.

Na xuntanza, á que tamén asistiu o concelleiro de Seguridade, Eduardo Reguera e representantes do Corpo Nacional de Policía e da Policía Local, o Subdelado do Goberno propuxo a creación dunha comisión en materia de violencia contra a muller, co fin de previr e sensibilizar á sociedade. A comisión estaría integrada por representantes municipais, de servicios sociais, dos servizos de protección ás mulleres, policía e representantes xudiciais. Unha proposta que foi ben acollida polas autoridades locais.

Por outra banda o Delfín Fernández lembrou que a policía local xa ten competencias para multar dentro do centro urbano, logo da sinatura do convenio coa DXT, aínda que polo momento a sanción non supón perda de puntos.  

Comentarios
Almeiriche
Venres 6 de Novembro de 2009 ás 15:29 horas
Os cidadáns de Redondela somos moi honrrados, e máis que nos piden o DNI para entrar no consistorio. Os que non o son tanto son os políticos locais, pero iso, nin se investiga, nin vende xornais! Os ladróns van a oficina (do Concello)! A Policía non e tonta, pero paganlle por facelo!


Delfín Fernández, cacique, fascista, persoa non grata, demisión!
Carlos
Xoves 5 de Novembro de 2009 ás 23:53 horas
Eso é porque non entran na estadística os delitos cometidos, polos políticos e as forzas da orde, e que o Estado dedica poucos fondo e axentes a investigar a corrupción nos concellos
Xaime REY
Xoves 5 de Novembro de 2009 ás 23:34 horas
Era hora Paquita Canal dejara el partido popular . Es una politica que no se preocupa por los problemas de los vecinos y solo esta buscando votos como el bng ,psoe ,pg y siempre esta descutiendo con Xaime Rey y parecen el perro y el gato
[1-3]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: