www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Curso de musicoterapia en Soutomaior
Cultura • 5/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Deixar de lado o estres, a ansiedade e aprender a relaxarse son os obxectivos do curso de musicoterapia que se imparte esta tarde no Multiusos de Arcade nunha única sesión de 16:30 a 20:30 horas


A Concellería de Muller e o Servizo Galego de Igualdade achegan este curso monográfico ao concello de Soutomaior orientado a mulleres e no que se busca potenciar o emprego da música e o ritmo como elementos de comunicación, favorecer a interacción e a participación social, así como desenvolver a creatividade.


O curso eminentemente práctico, no que as participantes aprenderán a respirar pausadamente e coñecerán tamén outras músicas do mundo, terá lugar esta tarde en horario de 16:30 a 20:30 horas.


As interesadas poden acceder ás últimas prazas dispoñible no teléfono 986701227.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: