www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 10 de Abril de 2020

Galiza Nova asegura que os grupos apoian o pago dunha taxa anual para uso do local de ensaio
Institucional • 4/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A agrupación xuvenil do BNG afirma que os 20 euros anuais que os grupos de música deberán abonar polo uso do local de ensaio que se atopa nas antigas casas dos mestres foi consensuado coas formación musicais que actualmente fan uso de ditas instalacións.


Saen así ao paso das críticas feitas dende Novas Xeracións do PP, un colectivo que tachara de "intolerable" que os mozos tiveran que pagar polo uso do local de ensaio xa que deste xeito, segundo palabras da popular Laura Alonso "se prexudican as actividades culturais que desenvolve a xuventude na vila"


Unha opinión que non comparten en Galiza Nova por entender que "si se divide esa cota entre os 12 meses do ano, toca a 2€ mensuais que inda se repartirían entre os membros do grupo"


Lembran que a sala Nsaio foi posta en marcha grazas a unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude, dirixida polo BNG na anterior lexislatura da Xunta de Galicia e cando a Concellería de participación Cidadá estaba dirixida pola tamén nacionalista Cecilia Pérez Orge "o que demostra que tanto o Bloque a Concellaría apoian as actividades culturais da xuventude".

Comentarios
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Mércores 4 de Novembro de 2009 ás 13:34 horas
O Concello de Redondela, logo de privatizar case tódolos servizos, pretende cobrar tasas polo disfrute de cada unha das instalación municipais, aos mozos e aos maiores, e por riba opartidos políticos de pseudoesquerda son os promotores de semellante inicitiva. A Concellería de Participación Cidadá, por outra banda leva tempo abndoando as súas responsabilidades, non vixiando o funcionamento nin o cumprimento dos acordos acadados nos consellos parroquiais, en especial da Comisión de Seguimento dos Servizos Privatizados que leva duas lexislaturas sen sequera reunirse. Así mesmo, dende o Concello incluso nas areas de gob¡verno do BNG, non se facilita informcaicón que solicitan os cidadáns obstaculizando incluso a actividade sindical do Servizo de Recollida do Lixo. Por outra banda o xeito de entender a participación cidadá, do BNG que governa en Redondela, non así o BNG; que estba na oposición, permite que organizacións xuvenís, e traballadores alleos ao Concello, consensuen por exemplo o custe das tasas cos grupos que ensaian nas instalacións do Concello. En Redondela temos funcionarios capacitados para esas labores, sen recurrir a traballadores, postos a dedo por un grupo político.
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: