www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 7 de Abril de 2020

A Plataforma contra a autovía non tira a toalla
Institucional • 3/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A decisión do Ministerio de Fomento de licitar os proxectos dos tres tramos que conforman a A-59 entre Vilaboa e o aeroporto de Peinador non desaniman aos integrantes da Plataforma Cidadá contra a autovía.


Os membros da Plataforma entenden que logo dos reiterados anuncios do Ministerio a licitación dos proxectos por parte de Fomento era un paso esperado. Manteñen a súa oposición a esta infraestrutura por entender que ese non é o camiño para solucionar os problemas de tráfico que existen na comarca e continuarán con diferentes accións encamiñadas a informar e concienciar á cidadanía de que o trasporte público é a alternativa.


Con todo entenden que o momento de actuar máis activamente será cando as empresas que  se fagan coa redacción do trazado saquen a exposición pública os seus proxectos e se abra un novo período de alegacións.


Non tiran a toalla porque saben que outras infraestructuras en fase máis avanzada quedaron en meros proxectos e, en todo caso, apuntan que si finalmente se constrúe a A-59 haberá que estar moi atentos para esixir cando menos o mesmo respecto que se teñen noutros territorios cando se fan infraestructuras semellantes

Comentarios
Os culpables...TÓCALLE O CARALLO¡
Xoves 5 de Novembro de 2009 ás 09:00 horas
Don Jaime Rey Barreiro
xaimerei@redondela.es

Alcalde

Don José Carlos Pazos Docampo
carlospazos@redondela.info

1º Tenente de Alcalde
Concelleiro delegado de Medio Ambiente (limpeza de praias, saneamento, suministro de auga, fontes, parques e xardíns, montes, riberas fluvial e marítima, ceminterios, tratamento da basura e Axenda 21) e vivenda de promoción pública.
Presidente do Consello de Administración de "Radio Redondela"

Don Emilio González Iglesias
emiliogonzalez@redondela.es

Concelleiro de Persoal e Xestión económica


Fonte: www.redondela.es
Redondela Non Se R/Vende
Mércores 4 de Novembro de 2009 ás 19:00 horas
Hai trinta anos que os políticos redodnelans están incapacitados para defender Redondela das agresións medio ambientais, xa dende ao enterramento de lixo na marisma, , demostraron a súa nula sensibilidade ambiental, No caso da autovía a cousa vai máis alá pois o seu posicionamento irresponsable e inconsciente, atenta directamente contra os cidadáns que din representar e contra a identidade do pobo redondelán ao atacar o territorio rural do Concello. Compre actuar con toda contundencia e non durmirse nos loureis, que ningunha agresión quede sen resposta. Que se preparen. A por eles!!!!!
Xa está ben
Mércores 4 de Novembro de 2009 ás 16:04 horas
Está ben iso dos nosos poliíticos (eles fanse chamar representantes, aínda que non sei ben a quen representan), que xogan cos votos da xente para, cando saímos á rúa, darnos as costas. Estaría ben que á hora de votar tamén nós fixeramos o mesmo, e loitar contra tanta ameaza, agresión verbal, chantaxe, e demais xogo sucio co que calan a xente... Xa nos quitaron as subvencións a uns poucos, pero que metan os seus cartos en pancartas e palabras baratas, que é para o que dan. Se que perderán, aínda que se leve a cabo esta infraestructura, a A-57 (a menos de 3 km) e destrúan Pontesampaio, O Viso, SOutomairor... Se que perderán, porque se non o penso non pagará a pena seguir loitando. E SEGUIREMOS PORQUE SABEMOS QUE O QUE PEDIMOS É XUSTO!!! Ánimo Plataforma, e abaixo os que non xordos que nos gobernan.
O futuro
Martes 3 de Novembro de 2009 ás 18:21 horas
Ánimo á xente da Plataforma e ós seu colaboradores. Estos si que valen e sinten Redondela moi adentro.

Nada que dicir dos "okupas" que habitan o Concello de Redondela.
[1-4]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: