www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 7 de Abril de 2020

A actriz Charo Pita imparte na biblioteca o obradoiro "Fórmulas de encontamento"
Cultura • 3/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O curso, que se desenvovlerá durante tres venres consecutivos, está orientado a público adulto que desexe aprender a contar historias a pequenos e grandes.

 


O obradoiro está orientado a pais e nais e persoas adultas en xeral que desexen utilizar os contos no ámbito familiar, onde a imaxinación e o lúdico serán os protagonistas.


O obradoiro será eminentemente práctico e terá como obxectivo que os participantes teñan material bastante para poder contar contos e desenvolver criterios á hora de escoller libros infantís e xuvenís. Tamén se traballará a lectura e voz alta.


O obradoiro desenvolverase os días 6, 13 e 20 de novembro ás 18:30 horas. A actividade é gratuíta e a inscrición realizarase na Bibioteca Municipal


"Fórmulas de encontamento" inscríbese dentro do programa de Letras Vivas impulsado pola Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo e iniciou a súa andaina no ano 2008 a prol do fomento da lectura e o libro.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: