www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 7 de Abril de 2020

Parabéns no goberno local e preocupación no Viso pola licitación dos proxectos da A-59
Institucional • 2/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A decisión do ministerio de Fomento de licitar os proxectos da totalidade do trazado da A-59, un ramal que comunicará a autovía A-57 co aeroporto de Peinador dende Vilaboa provocou diferentes reaccións no concello.


Dende o goberno local o alcalde, Xaime Rei, entende que se trata dunha decisión de "sentido común" xa que segundo el esta autovía vai "favorecer a Redondela, Soutomaior e Pazos ao desconxestionar a N-550, a N-552 e tamén a AP-9".


Uns parabéns ante a decisión do departamento de José Blanco que non sorprenden, se temos en conta que dende o goberno de Redondela sempre se apostou por este trazado, coñecido nos seus inicios como alternativa 5.


Pola contra, na parroquia de O Viso, a decisión de licitar os 23 kilómetros de autovía foi acollida con sorpresa "ante a celeridade dos trámites" e con preocupación ante as afeccións que este trazado vai provocar na zona de O Escredo, onde se estima que serán expropiadas entre 12 e 16 vivendas, mentres que máis de 60 quedarán dentro da liña de afección da autovía por estar a menos de 50 metros de distancia.


Por este motivo dende a asociación de veciños de O Regueiro reclaman que se desvía o trazado cara ao leste o que suporía que afectaría a monte comunal non habitado e daría maior calidade de vida aos veciños que se atopen preto da futura estrada.


Sete millóns de euros para o total da autovía que comunicará a A-57 co aeroporto.


O trazado está dividido en tres tramos: Peinador-Arrufana, Arrufana-O Viso e O Viso-Vilaboa, en total 23 quilómetros de lonxitude que contará con dúas vías de sete metros de ancho, beiravías de 2'5 metros e interiores de metro e medio. O primeiro dos tramos contará ademais cun túnel de 540 metros que pasará baixo a pista de aterraxe de Peinador e que permitirá aos vehículos salvar o aeroporto e enlazar co seu acceso á AP-9.

Comentarios
Liga Veciñal
Venres 6 de Novembro de 2009 ás 22:23 horas
Cabeza, conciencia e VOTO NULO
Que roden cabezas
Martes 3 de Novembro de 2009 ás 08:17 horas
É hora de que roden cabezas. Se o BNG é un partido coherente e Guillerme Vazquez mantén a súa oposición a esta autovía (como Concelleiro en Pontevedra era a postura que mantiña), o seu deber é expulsar á totalidade dos cargos con responsabilidades no BNG de Redondela XA. Estes individuos son uns tránsfugas ideolóxicos que non merecen representar o que din que representan.

QUE RODEN CABEZAS, ou senon o pobo porá a cada un no seu lugar chegado o momento. O aviso queda aí.
Sentido común
Martes 3 de Novembro de 2009 ás 00:41 horas
Pero este home fala de sentido común? Sabe él que é iso?. A A 59 rexeitana o Concello de Soutomaior (PP) e o de Pontevedra (BNG) , por algo será, non?
[1-3]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: