www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 7 de Abril de 2020

Fomento licita a totalidade da A-59 entre Vilaboa e Peinador
Institucional • 2/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Sete millóns de euros para o total da autovía que comunicará a A-57 co aeroporto. O trazado está dividido en tres tramos: Peinador-Arrufana, Arrufana-O Viso e O Viso-Vilaboa.


O departamento que dirixe José Blanco licitou o sábado os dous últimos tramos do trazado da A-59 que comunicará a autovía A-57 co aeroporto de Peinador cun ramal que sairá dende Vilaboa.


Se o pasado xoves coñeciamos a decisión do ministerio de sacar a licitación a redacción do proxecto do tramo máis próximo a Vigo de 4'7 quilómetros entre Arrufana en Mos e o aeroporto, o sábado licitábanse os outros dous tramos, un total de 18 quilómetros entre Arrufana ata o Viso e dende a parroquia redondelá con Vilaboa.


O primeiro dos tramos licítase por 2.574.446 euros e as empresas disporán de dez meses para elaborar a documentación unha vez que se adxudique a partir do mes de marzo. As mesmas condicións se establecen para o trazado O Viso-Vilaboa, que está orzamentado en 2.529.936 euros.


Os 23 quilómetros de lonxitude da A-59 (coñecida anteriormente como alternativa 5) contarán con dúas vías de sete metros de ancho, beiravías de 2'5 metros e interiores de metro e medio. O primeiro dos tramos contará ademais cun túnel de 540 metros que pasará baixo a pista de aterraxe de Peinador e que permitirá aos vehículos salvar o aeroporto e enlazar co seu acceso á AP-9.

Comentarios
piche sa
Luns 2 de Novembro de 2009 ás 19:36 horas
Non nos merecemos estes gobernantes. Morte a El-Rey, Irmandiños derrubemos os Pazos!
Asfato S.A
Luns 2 de Novembro de 2009 ás 13:21 horas
GRAN OFERTA EN ASFALTADO.

Aproveita a conxuntura económica glogal, a pouca conciencia que temos co rural e a natureza, a teima en desprestixiar o transporte público, a demanda dos políticos por encher Redondela de grandes infraestructuras innecesarias, para conseguir o MELLOR PREZO DO MERCADO POR M2 DE ASFALTADO.

SI. ESTE É O MOMENTO, ASFALTA A TÚA LEIRA A UN MÓDICO PREZO. Poderas beillar sen manchar os zapatos, os teus meniños esfolaranse cando caian, poderás chegar antes a recoller o peixe que che traia a peixeira ou memamente poñer setos artificiais para darlle un aspecto "natural". TODO SON VENTAXAS¡¡

E ADEMAIS, OS RESIDENTES DE REDONDELA TERÁN BENEFICIOS ADICIONAIS POLO GRAN VOLUME DE ASFALTO E FORMIGÓN CONTRADADO PARA OS VINDEIROS ANOS.
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: