Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Actuación do trío Coruña Brass no Musicámara
Cultura • 23/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Escoitarase no Multiusos da Xunqueira un repertorio que abrangue dende a música do renacemento, barroco, romanticismo e diferentes tendencias do século XX ata a música de vangarda.


Será mañá sábado ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira con entrada de balde a cargo do trío Coruña Brass formado por músicos que traballan nos conservatorios da cidade herculina. Desenvolve un repertorio par formación clásica de intrumentos de mental, un trío de trombón, trompa e trompeta.
MOndello Quartet


A última das actuacións do Musicámara será o derradeiro sábado de outubro coa música de Móndello Quartet, unha formación de cuarteto de corda clásico que centra o seu repertorio no Clasicismo, mais concretamente nos cuartetos de corda de Mozart, Haynd e Arriaga


Unha actividade organizada polo Concello de Redondela en colaboración coa Fundación Caixagalicia.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: