Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 21 de Agosto de 2018

O catedrático e experto en astronomía Severino Yáñez, na presentación de A Voz de Lenda
Sociedade • 22/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A astronomía é o tema protagonista no novo número da revista que publica a Asociación de Familiares e enfermos mentais, Lenda. A presentación mañá venres ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira


Un novo número de A Voz de Lenda, e van xa vinte, no que se abordan diferentes cuestións como o deporte, o humor, a literatura e como tema protagonista: a Astronomía, un xeito de conmemorar tamén dende Lenda o Ano Internacional desta Ciencia. Así un dos actos máis destacados é a charla coloquio que correrá a cargo do Doutor en Ciencias químicas e fundador da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, Severino Yáñez Arias.
As actuación musicais correrán a cargo de Dinio e o coro Os Mércores Musicais.


Presentación literaria


Durante o acto, no que tamén intervirá a concelleira de servizos sociais, Rosa Costas, presentarase o libro de relatos de Manuel Tomé "Solo la madera es comparable a la incomparable luna" onde os protagonistas dos contos son os animais.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: