www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Xuño de 2018

Unha zarzuela para lembrar a mítica figura de Xan Carallás
Cultura • 26/06/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O programador cultural do Concello, Suso Ben, presenta na fin de semana unha cantata na que se recolle a lenda do mítico fundador de Redondela. Os rapaces do grupo xuvenil de teatro "Disonada" serán os encargados de escenificar a obra


Dúas oportunidades terán os veciños de Redondela esta fin de semana para asistir á presentación da obra “Xan Carallás”, unha cantata galega escrita e composta por Suso Ben. Unha zarzuela na que se narra a lenda do popular fundador da vila e que será interpretada polos rapaces do grupo xuvenil “Disonada”.


O programador cultural do Concello tardou preto de catro anos en finalizar esta cantata dedicada á Xan Carallás e que chega precedida dun traballo semellante publicado onde texto e música estaban dedicados á leda da Coca.


O obxectivo do autor é completar unha triloxía sobre lendas da vila. De feito está xa a recompilar datos para abordar o seu terceiro argumento que xirará en torno a un personaxe menos coñecido na vila . a vida do astrólogo Margolfo.


A obra representarase o sábado ás 20:00 horas e o domingo ás sete da tarde. O elenco de actores está formado por catorce personaxes que se subirán ao escenario aos que hai que engadir a participación da Coral Alvedosa, encargada de interpretar a parte musical e a presencia da escola de danza de Deborah Alfaya.


Soutomaior


O multiusos de Arcade acollerá tamén mañá sábado ás 20:30 horas a representación de dúas obras a cargo da escola municipal de teatro. O primeiro en actuar será o grupo infantil quen porá en escena a obra “a boa pipa”. A continuación chegarán os “Contadores de historias” a cargo do grupo xuvenil.  

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: