www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Aprender a contar contos con Charo Pita
Cultura • 21/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A Biblioteca pon en marcha o obradoiro "Fórmulas de encontamento" orientado a público adulto que desexe aprender a contar historias a pequenos e grandes.

Por outra banda, a Axencia de lectura de Chapela recibe hoxe a visita do escritor Santiago Jaureguizar

 


O obradoiro "Fórmulas de encontamento" impartido pola actriz Charo Pita está orientado principalmente a pais e nais que desexen utilizar os contos no ámbito familiar, onde a imaxinación e o lúdico serán os protagonistas.


O obradoiro será eminentemente práctico e terá como obxectivo que os participantes teñan material bastante para poder contar contos e desenvolver criterio á hora de escoller libros infantís e xuvenís. Tamén se traballará a lectura e voz alta.


O obradoiro desenvolverase os días 6, 13 e 20 de novembro ás 18:30 horas. A actividade é gratuíta e a inscrición realizarase na Bibioteca Municipal


"Fórmulas de encontamento" inscríbese dentro do programa de Letras Vivas impulsado pola Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo e iniciou a súa andaina no ano 2008 a prol do fomento da lectura e o libro.


Jaureguizar en Chapela


Por otura banda, na xornada de hoxe o escritor Santiago Jaureguizar estará na Axencia de lectura de Chapela nunca nova sesión do Club de Lectura de adultos para falar sobre o seu libro "O globo de Shakespeare"


Jaureguizar, nado en Bilbao en 1965, traballa como xornalista no diario El Progreso de Lugo e ten xa unha ampla producción literaria na narrativa galega.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: