Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Cruces reivindicativas no Camiño da Auga para alertar do impacto da A-59
Sociedade • 20/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A plataforma cidadá colocou durante a fin de semana varias cruces nese ruta de sendeirismo ao seu paso por Reboreda para advertir das "nefastas consecuencias" que a autovía que unirá Vilaboa con Peinador vai ter nesa zona

 


A pasada fin de semana membros da Plataforma de Redondela en contra da autovía levaron a cabo un acto simbólico na ruta da auga, ó seu paso pola parroquia de Reboreda.  O colectivo colocou varias das cruces reivindicativas que se pintaran nun obradoiro durante a foliada de Redondela no mes de setembro.


Con este acto o colectivo quere, unha vez máis, alertar a poboación das nefastas consecuencias que esta infraestructura vai a ter para os concellos afectados, e informar sobre cal é o trazado da autovía, xa que a ruta da auga discorre en paralelo á mesma en parte do seu percorrido. O colectivo lembrou unha vez máis que " execución desta obra malogrará esta ruta, de importante interés turístico e paisaxístico"


Esta ruta foi adecuada pola Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Redondela, con fondos do programa europeo de desenvolvemento rural Proder II, e inaugurouse en marzo deste mesmo ano.


Durante a colocación das cruces varios veciños e camiñantes amosaron interese polo tema, xa que descoñecían que autovía transcorrese tan preto do Camiño.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: