Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

40 equipos disputarán o XXXV Mundialito da Xunqueira
Sociedade • 26/06/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O campionato, organizado polo club de Fútbol sala en colaboración coa Concellería de Deportes, Umbro e a Cafetaría Aifos, celebrarase entre o 29 de xuño e o 1 de agosto na pista da Xunqueira




Os equipos que estean interesados en participar aínda están a tempo xa que a inscrición permanece aberta na cafeterías Aifos, lugar no que mañá sábado se celebrará o sorteo para configurar o calendario dos partidos.


O torneo, no que está prevista a participación duns 40 equipos das categorías sénior, disputarase na Pista da Xunqueira durante todo o mes de xullo.


Haberá trofeos para os catro primeiros clasificados, o equipo menos goleado, deportividade, mellor xogador e máximo goleador.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: