www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Novembro de 2019

Bastos afirma que o seu nomeamento como vicepresidente do Partido Galeguista beneficiará a Redondela
Institucional • 15/09/2009
Autor: Lorena Otero

O edil galeguista considera que a agrupación local saíu reforzada do congreso extraordinario o que lle permitirá traballar polos veciños.

 


O pasado sábado o Partido Galeguista pechaba o conflicto interno dos últimos oito meses coa celebración dun congreso extraordinario do que saía a nova directiva do partido. O vigués Luís Bóveda Canal converteuse no novo presidente mentres que Alejandro Bastos foi nomeado Vicepresidente. O edil considera que esta designación será moi positiva para Redondela, xa que os membros da agrupación local recibiron o apoio de todo o partido o que lle deu ánimos para seguir traballando despois de que durante oito meses a formación galeguista estivera sen rumbo pola ausencia do seu presidente.


Bastos apunta a solución dos problemas xerados polas obras do AVE entre os veciños e a oposición á ampliación da AP-9 como dous dos piares básicos de traballo do seu partido nos vindeiros meses. O edil galeguista tamén apostou pola construcción dun polígono industrial na vila que lle permita aos redondeláns non ter que desprazarse ata Vigo ou concellos da contorna.

Comentarios
Arturo
Mércores 16 de Setembro de 2009 ás 17:24 horas
Hai que ver que atrevida é a ignorancia. Oindo "falar" a éste home queda ben clariño que calquera pódese adicar á política.
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: