www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Os xogos populares, os talleres de circo e bicicleta, tres das actividades con maior éxito na Foliada
Cultura • 14/09/2009
Autor: Lorena Otero

Os membros da organización, tanto catalá como galega, valoran moi positivamente o encontro, xa que, segundo apuntan, serviu para intercambiar experiencias e iniciativas así como fomentar entre os visitantes valores responsables de consumo e mobilidade.


Despois de tres días de actividades, a Foliada puña onte pola tarde o peche ao seu programa cun xantar despedida e unha sesión de avaliación. Atrás quedaron os obradoiros, talleres, o mercado de troco e de productos artesanais e ecolóxicos, as exposicións, a visita á Illa de San Simón, así como os concertos, que permitiron coñecer aos asistentes bandas locais de Nou Barrís e de Galicia.


Centos de persoas achegáronse ata Redondela desde o venres e ata o domingo para participar neste encontro sociocultural, que celebrou a súa quinta edición por primeira vez en Redondela. Malia que as actividades estaban dirixidas a nenos e adultos, os cativos foron os participantes máis numerosos da Foliada en actividades como o Taller de circo e bicicletas e os xogos populares, pero tamén os concertos acolleron a un gran número de público.


Tres xornadas que serviron para asentar os piares da vindeira Foliada, que se organizará en Nou Barrís, así como establecer lazos entre as asociacións e colectivos galegos e barceloneses que servirán para poñer en marcha iniciativas conxuntas.  

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: