www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Outubro de 2018

A falta de previsión do Concello obriga a suspender o festival de fin de curso do Club de patinaxe Bolboreta
Institucional • 22/06/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Un mal entendido ou a falta de coordinación entre o concelleiro de deportes e o departamento técnico que leva a concellería provocou un enfrontamento polo uso das instalacións do pavillón de deportes de Chapela. Os responsables do Club Bolboreta decidiron suspender o festival de fin de curso logo da "actitude agresivas e intimidatoria" dun grupo de pais do Colexio de Chapela 


O club Bolboreta tiña solicitado no concello o uso das instalacións deportivas para a tarde do venres día 5 de xuño, sen embargo unha vez no lugar decatáronse de que o edil Carlos González tiña concedido de palabra o uso do pavillón a uns pais do Colexio de Chapela. A presidenta do club, Raquel González afirma que a pesar de tentar chegar a un acordo para repartir o tempo de uso das instalacións algún pais puxéronse moi agresivos e chegaron a insultar e ameazar con boicotear o festival do club, o que os levou a suspender a exhibición “sobre todo pensando na seguridade dos 300 patinadores que ían participar”.


Raquel González lamenta que unha actividades de lecer e que debería resultar moi gratificante para os rapaces tivese que ser suspendida. Eso si, está pensando xa no futuro e lembra que está aberto o prazo de inscrición para o vindeiro curso. A día de hoxe son 60 patinadores, maioritariamente mulleres, de idades comprendidas entre os 4 e os  18 anos


Os interesados en ter máis información sobre a actividades ou reservar praza para o vindeiro curso poden facelo no teléfono 655965953.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: