www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 15 de Novembro de 2019

O Circo de Pulgas pecha a programación do Meixón Music
Cultura • 10/09/2009
Autor: Lorena Otero

A música tradicional desta banda redondelá será a encargada de pechar dous meses e medio de actuacións de grupos como os Retro Blues, Beatus Ille, ou o humor de Quico Cadaval.


A partir das nove da noite o Escondidiño, a Tenda da Candelaria e o Café da Vila pechan a programación do Meixón Music do 2009 cunha festa despedida que estará amenizada pola música tradicional de O Circo de Pulgas. Atrás quedan doce actuacións que comezaban o dous de xullo co humorista Somoza e que trouxeron ata o Meixón Músic sons africanos grazas a Yoruba Brothers, o humor e a ironía de Pepo Suevos e Quico Cadaval, así como estilos musicais moi variados, desde o blues, dos Retroblues, pasando polo rap dos Beatús Ill ou o Rockabilly de Mr Whiz. Un cartel completou a música jazz da agrupación Tangata e o folk da Jaan Orchestra cheira que apesta.



Hoxe a música de Alejandro Gesteira Ponce, Ana Rodríguez Area, Juan Soler Domenech, Pilar Álvarez García, José Ángel Gesteira Pazos, Ana Gesteira Ponce, os seis compoñentes do Circo de Pulgas, serán os encargados de pórlle fin a este festival que levan organizando desde hai seis anos estes tres locais de Redondela, co fin de atraer a máis clientela ata a zona e darlles un espazo onde actuar ás bandas locais.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: