www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

O monte da Peneda acolle este sábado a tradicional Festa dos Fachos.
Cultura • 19/06/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A subida ao monte comezará ás 23:30 horas e unha vez no cumio presentarase un documental sobre as antigas celebracións na Peneda e sobre a súa riqueza arqueolóxica e cultural 



XIII edición xa dunha celebración recuperada no ano 1997 por varias agrupacións e colectivos culturais dos concello de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. Un xeito festivo de reivindicar unha maior protección para o Monte da Peneda e o mesmo tempo conmemorar o solsticio de verán.


A partir das 22:30 horas os asistentes poderán adquirir os fachos a un prezo de 2 euros na base do monte, unha hora despois comezará a subida ao cumio portando os fachos accesos e acompañados por grupos de gaitas, pandereteiras e cantareiras procedentes de Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Vigo e Vilaboa.


Unha vez na cima farase a presentación dun vídeo sobre a Festa dos Fachos no que falan veciños da zona quen lembran antigas celebración que se facían no monte así como o arqueólogo do Museo Etnográfico de Pontevedra, Antonio de la Peña Santos, cuxa intervención se centra nos vestixios achados no monte.


A continuación terá lugar a gran queimada co seu ritual no que se invocarán a personaxes históricos, con referencias a mitos e lendas que o imaxinario popular foi tecendo sobre este mítico e máxico lugar.


A queimada, acompañada de rosquillas, repartirase gratuitamente entre as persoas asistentes.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: