www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Setembro de 2020

Rouban 500 meros de cableado eléctrico en Saxamonde
Sucesos • 15/07/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O alumeado público de Saxamonde, no lugar de Chan das Pipas, volveu ser vítima dos ladróns de cobre. Esta é a terceira vez que se produce un roubo destas características na parroquia o que supón prexuizos importantes para os veciños que quedan sen alumeado nas zonas afectadas.


Por terceira vez en menos dun ano, a parroquia de Saxamonde volvía ser vítima nesta semana dos ladróns de cobre. Nesta ocasión leváronse 500 metros do tendido do alumeado público. A substración de cable eléctrico faise para extraer o cobre do seu interior, un metal que se ten revalorizado nos últimos tempos ata achegar a multiplicar por catro o seu valor na última década, pagándose a día de hoxe ao redor de cinco euros o kilo.


As consecuencias deste tipo de roubos, cada vez máis estendidos en toda a comunidade,  non son só económicas, xa que provocan importantes prexuízos para os veciños ao deixar sen alumeado público as zonas afectadas.


Ademais da dificultade de dar cos autores destes roubos, hai que engadir que os ladróns, unha vez identificados e localizados, vense beneficiados polo feito de que estas subtraccións estean tipificadas como simple furto dada a falta de valor patrimonial do obxecto roubado e que polo tanto non leven aparelladas penas de prisión.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: