www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Setembro de 2020

Detido por roubar 200 euros en tabaco
Sucesos • 14/07/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Os propietarios do estanco de O Muro detiveron na tarde de onte a un home duns 40 anos de idade logo de que tentara fuxir do local sen abonar un pedido de tabaco por valor de 200 euros. O home foi arrestado pola Policía Nacional a trasladado á comisaría en Vigo.


Os feitos producíronse ás 19.55 horas de onte mércores, cando o estanco estaba a piques de pechar as súas portas. Un home de aproximadamente 40 anos, segundo describiu o propietario do local, entrou no estanco e pediu tabaco por valor de 200 euros. Cando se lle deu a mercancía, o home saíu correndo do establecemento pero foi detido polos propios donos do estanco antes de que puidera fuxir no seu vehículo.


Nun primeiro momento o detido alegou que ía ao coche a buscar os cartos para abonar o tabaco, pero logo comprobouse que carecía de diñeiro para facer fronte ao importe adebedado.


Pouco despois presentouse no lugar unha patrulla da Policía Nacional quen procedeu a arrestar ao delincuente, quen se desprazaba nun vehículo coas placas de matrícula manipuladas con cinta illante, feito que constitúe tamén un delito.


O propietario do estanco describiu ao delincuente de "afeccionado" xa que previamente tamén tentara a mesma operación noutro estanco de Pazos de Borbén, sen que tampouco nese intento conseguira levarse a mercancía.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: