www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Setembro de 2020

A banda de música da Chapela fai canteira cun campus musical
Cultura • 12/07/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Actividades variadas para promover o gusto pola música entre os máis cativos xa que poden participar do campus nenos e nenas a partir de tres anos de idade. A inscrición débese facer antes do sábado na sede da Asociación, nos baixos do Multiusos de Chapela ou nos teléfonos 636124635 e 687619535


A V edición do Campus musical da agrupación de Chapela desenvolverase en horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas entre os días 26 e 30 de xullo. Os cativos participarán dun variado programa que inclúe xogos, excursións e obradoiros, actividades que pretenden ser un xeito divertido de achegarse á música.


O ano pasado foron medio cento de rapaces os que participaron, moitos dos cales descobren neste tipo de programas o seu gusto pola música e deciden continuar na Banda de Chapela.


O prezo da actividade é de cinco euros por días para os socios, 8 euros para os non socios.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: