www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

O C.R. Chapela prepara o Campionato Galego de trainerillas con opcións de título
Deporte • 24/05/2011
Autor: Ana Prieto

Esta fin de semana dispútase en Rianxo a proba autonómica na que o club redondelán vai participar en todas as categorías. Logo do triunfo no Territorial Sur tanto en categorías xuvenil masculina e absoluta feminina, no club agardan repetir o bo papel de Bueu e facer "algo importante" en augas coruñesas.


O balance que fai o Club de Remo de Chapela logo do Campionato Territoral Sur é "espléndido", logo de que as embarcacións xuvenil masculina e absoluta feminina se impuxesen en Bueu con clara superioridade sobre os seus rivais. No caso dos xuvenís, que se amosaron intratables en todas as regatas, tiveron 11 segundos de vantaxe sobre os segundos, e as féminas sacáronlle 15 segundos a Samertolameu. Un resultados "inmellorables" para o presidente da entidade, Fernando Collazo, que confesa "a grata sorpresa" que supuxo para eles a vitoria na categoría feminina. Collazo recoñeceu que no caso dos rapaces era "esperable" o triunfo, logo da traxectoria en trainerillas, ao tempo que aplaude o papel das rapazas, que se superaron semana tras semana para chegar ó final da temporada "ó máximo nivel". Estes resultados fan soñar con que no Campionato Galego de Trainerillas, que se disputa esta fin de semana en Rianxo, o club redondelán poida facer "algo importante". O presidente explica que da liga norte haberá rivais importantes na categoría xuvenil, como Rianxo, Cabanas e Cabo de Cruz, pero na proba feminina destaca "a superioridade" dos clubs do sur. Na categoría absoluta masculina Collazo recoñece a clara superioridade de Tirán e Amegrove, pero confía en que a embarcación de Chapela poida clasificarse tamén para a final galega. O sábado ás 17.00 comezan as clasificatorias en Rianxo, o domingo ás 12:00 disputaranse as finais.
Instalacións


Mentres no club continúan traballando co "problema engadido" das instalacións, xa que continúa en obras o novo Centro de Deportes Acuáticos. Collazo lamenta os trastornos que lles está a causar esta situación, xa que en ocasións no dispoñen de auga ou mesmo non poden entrar nas instalacións. No club confían en que no mes de xuño o problema estea resolto.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: