www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

Campa "Non imos pactar con ninguén"
Política • 23/05/2011
Autor: M. X. Queimaliños

A Agrupación de Electores de Redondela converteuse no día de onte na formación que vai decidir en gran medida o futuro do goberno de Redondela. A súa entrada na corporación grazas aos 832 votos que lle outorgan un concelleiro fai que esta formación teña na súa man a capacidade de dar a alcaldía ao popular Javier Bas ou ao socialista Eduardo Reguera.


A estas alturas os partidos maioritarios en Redondela, léase PSOE e PP, buscan bailar coa máis fermosa que neste caso é a Agrupación de Electores de Redondela.


Unha agrupación que, á espera de celebrar unha reunión nos vindeiros días conforme ao seu espírito asembleario, anuncia que non contempla pactar con ninguén e que a súa intención na xornada de investidura é "apoiarnos a nos mesmos ou optar pola abstención". No caso de que manteñan esta postura Redondela contaría a partires de xuño cun goberno en minoría en mans do PP.


Un dos integrantes da formación de electores Bernardo "Campa" valoraba positivamente os resultados que os levou a prolongar as celebracións ata altas horas da madrugada e engadía que o elevado apoio logrado por AER "responde máis a un demérido do restos dos partidos que a un mérito seu".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: