www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

Eduardo Reguera: "Os veciños votaron maioritariamente á esquerda"
Política • 23/05/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O candidato socialista, Eduardo Reguera amósase satisfeito polo resultados acadados aínda que recoñece que nas súas quinielas persoais contaba con acadar nove edís. En breve os socialistas comezarán ás negociacións con BNG e AER para tentar darlle a Redondela un goberno de esquerdas.


Entende que a vitoria do PP era previsible sobre todo pola tendencia á baixa do PSOE en todo o Estado e tamén pola entrada de novos partidos en Redondela que fragmentaron o voto da esquerda prexudicando claramente a PSOE e BNG.


Con todo, os socialistas en Redondela manteñen os oito concelleiros cos que xa contaban no anterior mandato e logran incluso incrementar o número de apoios respecto a hai catro anos, cun total de 4.962 votos.


Asegura Reguera que os socialistas lograron sortear esa tendencia grazas en gran medida á renovación no partido e tamén polo esforzo realizado para levar a todas as parroquias o seu proxecto.


Sobre o futuro da alcaldía, é consciente de que arrebatarlle o goberno ao PP pasa por convencer aos integrantes de AER para que lle dean o seu apoio, motivo polo que anuncia que comezarán a negociar en breve para conseguir que se cumpran os desexos duns veciños que votaron maioritariamente á esquerda.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: