www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

Esgotamento entre os ex traballadores do Grumir logo de 4 días en folga de fame
Sociedade • 20/05/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Aínda que se amosan firmes na súa decisión de continuar coa folga de fame que iniciaran ás 8:00 horas do pasado luns, os ex traballadores do servizo de emerxencias confesan que cada vez se senten máis débiles e que as forzas comezan a fallar logo de catro días inxerindo tan só zumes, soros e bebidas enerxéticas.


Con todo insisten e reiteran o seu propósito de manter a protesta de xeito indefinido mentres non exista un compromiso en firme por parte do goberno de que non se vai deslocalizar o servizo de emerxencias.


En xeral séntense arroupados pola xente e agradecen o apoio que están a recibir de moitos veciños pero comeza xa a espallarse entre eles certo desánimo debido sobre todo a que están a esperar un achegamento por parte dos responsables municipais que non parece próximo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: