Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Califican de "tendenciosa" a enquisa sobre o uso do galego no ensino elaborada pola Xunta
Cultura • 18/06/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela pon en dúbida a validez das preguntas e lembra que a enquisa elaborada polo goberno galego só fai referencia ao uso do galego nas materias troncais e non na totalidade das disciplinas "o cal pode resultar enganoso"


 


O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela pon en dúbida a validez da enquisa sobre o uso do galego no ensino que está a realizar a Xunta de Galicia. A técnica do servizo, Eva García Rei, critica entre outras cuestións que se consulte aos pais sobre a presencia do galego nos curriculums académicos cando non se fai con ningunha outra disciplina. Apunta ademais que as preguntas son tendenciosas, xa que ademais de demasiado xenéricas poden resultar enganosas, dado que algunhas das preguntas fan referencia exclusivamente a aquelas materias que a día de hoxe se imparten en lingua galega, as coñecidas como materias troncais, e non á totalidade das disciplinas, o cal pode provocar malos entendidos entre os pais.


Outras carencias que se observan neste procedemento é o feito de consultar so a aquelas persoas que na actualidade teñen fillos matriculados en centros educativos sen ter en conta a opinión do resto dos pías ou do resto da sociedade


Por outra banda tamén se pon o acento no descoñecemento sobre cal será o uso que se lle dea ao resultado da enquisa.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: