www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

Ferida grave unha veciña de O Viso nun accidente na A-55 no Porriño
Sucesos • 24/08/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O seu coche chocou frontalmente contra outro que circulaba en sentido contrario pola autovía e cuxo condutor faleceu na colisión


 


Un condutor kamikaze provoco una mañá de hoxe un gravísimo accidente na autovía A-55 no Porriño. Trátase dun mozo de 21 anos quen falecía esta mañá no Porriño tras acceder á autovía A-55 en sentido contrario e chocar frontalmente contra un turismo, cuxa condutora, unha veciña de o Viso de 24 anos de idade, resultou ferida grave. A moza foi trasladada nunha ambulancia asistencial do 061 ao Hospital Xeral de Vigo con contusións múltiples


O suceso produciuse ás oito da mañá, cando a través de chamadas telefónicas, tívose coñecemento de que pola autovía A-55 (Vigo-Tui), circulaba un turismo marca Citroen ZX en dirección contraria, cara a Vigo. O condutor, veciño da parroquia Mosense de Pereiras, accedeu á autovía desde a saída de Tui Norte e estivo circulando uns seis quilómetros en sentido equivocado.


Ás 8:20, despois de que a Garda Civil mobilizase distintas patrullas para interceptar o coche, confirmouse que chocara frontalmente contra outro turismo, cuxa condutora resultou ferida grave. Trátase dunha muller de 24 anos, N.P.C., veciña do Viso (Redondela) e que circulaba nun Opel Corsa gris.


A autovía permaneceu pechada durante unha hora mentres se realizaban os labores de excarceración do falecido e limpeza da vías. Sobre as dez, a autovía abriuse de novo á circulación en sentido Tui. Os equipos de Investigación de Ateigados do Destacamento de Tráfico do Porriño continúan coas investigacións encamiñadas a esclarecer cales foron as causas que provocaron que o condutor accedese á autovía polo carril contrario.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: