www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Abril de 2019

Medio millón de euros para reformar a rúa Rosalía de Castro en Soutomaior
Institucional • 18/06/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Concello de Deputación financian unha obra de humanización que inclúe a construcción de beirarrúas e un aparcadoiro, así como a mellora do alumeado.




A céntrica rúa de Rosalía de Castro en Arcade será obxecto dunha importante actuación dotada cun orzamento de 500.000 euros, dos cales a deputación provincial aportarán 350.000 mentres que o Concello asumirá os 150.000 restantes.


As obras comezarán no tramo comprendido entre Xosé Solla e Alfonso Castelao, coa construcción de beirarrúas cun ancho de entre 1,80 e 2,35 metros, pavimento de granito e xardineiras. Acondicionarase ademais un aparcamento de vehículos nun dos sentidos da circulación.


Outra das actuacións incluídas no proxecto afectará ao tramo entre Alfonso Castelao e a Estación, onde se construirán beirarrúas de 1’80 metros de ancho, unha parada de taxis de dous metros e calzada de circulación de 6’50 metros.


Estes traballos obrigarán a restrinxir o tráfico durante os meses que duren as obras, que se aproveitarán para realizar outras actuacións como a reforma da rede de saneamento, a instalación de gas e o soterramento das liñas eléctricas de media e baixa tensión.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: