www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 10 de Agosto de 2020

A conexión wifi permite o acceso gratuíto a Internet en varios puntos do municipio
Institucional • 28/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Os usuarios interesados en conectarse á rede inalámbrica deberán inscribirse a partir de hoxe no Multusos da Xunqueira para obter unha clave persoal que lles permitirá usar Internet a 200 metros dos centros sociais e parroquiais así como na contorna da Marisma.


Acceder a páxinas web, ao correo electrónico ou facer calquera tipo de consulta a través da rede pódelle saír gratuíto a todos aqueles que vivan nun radio de 200 metros dos Edificios multiusos do Concello, tanto na Xunqueira como en Chapela, ou nas inmediacións dos centros parroquiais de Cesantes, Ventosela, Cabeiro, Saxamonde, Vilar de Infesta, Cedeira, Negros, Reboreda, O Viso ou Trasmañó. Un servizo que funciona tamén na contorna de A Marisma e no paseo do Río Pexegueiro. Eso si, para poder ter acceso a esta rede inalámbrica os usuarios deberán rexistarse previamente no Multiusos.


Aportando os seus datos e cubrindo unha folla de inscrición recibirán unha clave persoal que lles dará acceso a esta rede Wifi, un servizo de comunicacións gratuíto para os usuarios, e que permite, facendo uso de portátiles, PDAs ou smartphones, a conexión a Internet para unha navegación simple.


As altas das persoas usuarias poderanse facer directamente nunha oficina habilitada para este trámite no edificio Multiusos da Xunqueira (Paseo da Xunqueira, S/N), presentando unha solicitude debidamente cuberta e unha fotocopia do DNI xunto co orixinal para a súa comprobación. A folla de solicitude poderá recollerse in situ ou descargarse a través da páxina web do Concello de Redondela http://www.redondela.es/ .


Unha vez completado o proceso de rexistro, a persoa solicitante recibirá unha clave de usuario e un contrasinal para poder usar a rede.

Comentarios
Miguez
Luns 28 de Marzo de 2011 ás 17:13 horas
Esta paréceme unha boa iniciativa e ben prantexada pois nesta vez non se quedou só no centro da vila senon que chegou a tódalas parroquias.

Saudiños
PEPE
Luns 28 de Marzo de 2011 ás 15:42 horas
Victor,por qué mezclr unhas cousas con outras?En Redondela pídese wifi,e ímolo ter nalgunhas zonas.Pídese ocio para os cidadáns e témolo con festas coma o entroido etc...Sobran palmeiras maceteiros etc?Si,sobran.Hai que ter un servizo público como o Grumir?Si!pero para iso ten que haber unha maior coperación entre administracións(recordemos que a Xunta subencionaba ata agora isto,polo que deberían seguir coa financiación,pero vist que estes non dan un Euro pois o Concello de Redondel debería de empezar a buscar outras alternativos,vamos que o concello sque cartos de onde sea e pague o Grumir).Pero non deberías sacar e contexto o tema da wifi co do Grumir.temas importantes peor que non se deben mezclar.Noraboa o concello por esta idea,pero que se poñan as pilas co grumir,e da xunta mellor nin falar
Maruchi
Luns 28 de Marzo de 2011 ás 14:55 horas
Socialistas, obreiros, DEMOCRÁTICOS E CONSTITUCIONAIS. Ja, ja, ja, ja, ja, ja
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Luns 28 de Marzo de 2011 ás 14:53 horas
O que permite esta Rede e expandir a rede de clientes da empresa servidora, pagandolle todos, usuari@s e non usuari@s, as instalacións para que a empresa servidora chegue aos seus clientes. O que non vai sair gratuíto serán os médicos para tod@s aquel@s que se vexan afectad@s polas radiacións electromágnéticas da rede. Para máis INRI escollen a zona escolar donde están os maís vulnerables ás radiacións. Como se non houbera en Redondela bastante rexeitamento as redes inalámbricas!!! En Redondela gobernase "democráticamente" de espaldas aos veciños. Queirámolo ou non, todo para o pobo sen contar co pobo. mentres tiran os cartos en ocio (redes wifi, foguetes, entroidos, ), adornos (palmeiras, maceteiros, fontes piramidais,etc.), rescinden o contrato aos traballadores públicos do Grumir, e privatizan servizos públicos, e logo se din socialistas e obreiros!

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: