www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 6 de Xullo de 2020

A ANPA do colexio de Redondela reclama en Santiago un patio cuberto
Sociedade • 28/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de Pais e Nais do CEP de Santa Mariña desprázanse hoxe a Santiago de Compostela para amosar o seu malestar ante a Consellería de Educación pola negativa de subvencionar a construción dun patio cuberto para o centro educativo.


Os pais, que saían ás nove da mañá dende a zona da depuradora, teñen previsto concentrarse ás 11:30 horas en San Caetano para reivindicar unha vez mais un compromiso por parte da Consellería para que se dote ao centro dun patio cuberto que permita aos rapaces saír ao recreo cando chove.


Unha demanda que conta co apoio da totalidade da corporación logo de que no pasado mes de febreiro se aprobase unha moción nese sentido presentada polo BNG. Precisamente dende o partido nacionalista xa se amosou o seu apoio a este nova protesta protagonizada por pais e nais por entender que se trata dunha obra necesaria tanto para os nenos como para o profesorado do centro e que ademais supón un custe asumible por parte da Xunta, dado que o orzamento que obra en poder da ANPA valora en 200.000 euros o custe económico de dita actuación.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: