www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 6 de Xullo de 2020

Dúas mulleres feridas nun aparatoso accidente no Coto en Cesantes
Sucesos • 25/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Unha colisión entre un Audi A3 e un Citroen Xantia provocu importantes retencións dende as nove da maña e ata as 11:00 horas na N-550 que afectaron ao casco urbano. No sinistro, que se producía á altura de O Coto resultaron feridas as dúas condutoras dos vehículos accidentados segundo información da Policía Local.


Dúas mulleres resultaron feridas no sinistro que se producía ás  nove menos dez da mañá de hoxe na N-550 entre Redondela e Pontevedra.


O sinistro tiña lugar á altura do Coto en Cesantes cando colidían frontolateralmente un Citroen Xantia e un Audi A3. A brutalidade do impacto provocou que as condutoras dos vehículos, en ambos os dous casos mulleres, quedaran atrapadas no seu interior polo que foi precisa a intervención dos bombeiros, policía local, a garda civil de tráfico e protección civil, para excarcerar as persoas feridas que foron trasladadas en ambulancia a centros hospitalarios de Vigo.


A pesar do aparatoso do accidente e do estado no que quedaron ambos os dous turismos practicamente esnaquizados, nun principio non se detectaron lesións de gravidade nos ocupantes dos vehículos. De feito, o Audi que ía en dirección Pontesampaio era ocupado por unha muller que se trasladaba a esta localidade para deixar aos seus fillos no colexio, dous nenos de dez e dous anos, que non resultaron feridos.

Comentarios
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Domingo 27 de Marzo de 2011 ás 18:25 horas
Está demostrado que o tren é o medio de transporte colectivo máis seguro, e que ademáis mobe, máis pasaxeiros, máis mercadorías, é máis competitivo económicamente, é incluso máis eficiente, na emisión de CO2, supera en todo ao transporte por estrada, non ten comparación ca Autovía. O tren de cercanías, e non o AVE, É O PROGRESO!!!!!
Se o tren queres rentabilizar, non o levemos a Guixar!
Seguridad vial?
Domingo 27 de Marzo de 2011 ás 16:59 horas
Seguridade vial...??? Transporte colectivo. Hai máis de cen anos que está inventado o o método
Lola
Domingo 27 de Marzo de 2011 ás 16:09 horas
Menudo argumento! qué seguridade nos aportaría a "todos" a autovía que ti propós?
Sen dúbida ningunha SEGURO que nos traería unha inmensa débeda que pagaremos todos, para enriquecer aínda máis a uns poucos usureiros.
seguridade?
Domingo 27 de Marzo de 2011 ás 16:01 horas
Qué seguros iríamos pola autovía a 110... E polas rúas de Vigo a 30. Tés razón, coches fóra!!! camiñemos que é moi sano.
seguridade
Domingo 27 de Marzo de 2011 ás 15:45 horas
Temos que sacar vinte mil coches diarios da nacional 550, poloa seguridade de todos: AUTOVIA SI
Berto Covelo
Domingo 27 de Marzo de 2011 ás 10:36 horas
Quen na sua casa pretendería aforrar cos medicamentos dos seus fillos, cos libros que ten que levar a escola, coa sua seguridade. POIS NESAS ESTAMOS. A pasta esta para cambiar as aceras, e que todo sexa mais bonito.
Servizos Públicos Dignos e de Calidade
Sábado 26 de Marzo de 2011 ás 22:32 horas
NON a PRIVATIZACIÓN dos Servizos Públicos
Por un Servizo de Emerxencias 365 días
Sábado 26 de Marzo de 2011 ás 14:41 horas
E o GRUMIR de Redondela . . . . . no paro (a esperar polos bombeiros de Vigo!)
[1-8]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: