www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 3 de Xullo de 2020

O grupo de títeres Tanxarina recibe dous premios María Casares pola obra "Trogloditas"
Cultura • 24/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Os Trogloditas de Tanxarina veñen de acadar dous galardóns na XIV edición dos premios María Casares, concretamente os premios de mellor maquillaxe e mellor vestiario (Carlos Alonso) para a última montaxe protagonizada por Miguel Borines, Eduardo Rodríguez "Tatán" e Andrés Giraldez baixo a dirección de Evaristo Calvo.


Un espectáculo que abría recentemente o ciclo do Teatarte e no que os actores protagonistas conseguen trasladar o espectador até a Prehistoria, cun humor que roza o absurdo, grazas a unha lograda ambientación, un vestiario impactante a cargo de Carlos Alonso e unha orixinal linguaxe.


Nos premios que se entregaban onte a gran triunfadora foi Un cranio furado, que levou un total de cinco galardóns. A produción dirixida por Quico Cadaval levou os premios ao mellor espectáculo, o mellor actor protagonista (Evaristo Calvo), o mellor actor secundario (Santi Romay), a mellor adaptación (Avelino González) e a mellor escenografía (Marcelino de Santiago Kukas).

Comentarios
Cultureta
Sábado 26 de Marzo de 2011 ás 15:08 horas
E ao noso Concello con 21 títeres, e 30.000 monicreques, non lle caeu ningún premio?
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: