www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 3 de Xullo de 2020

Os Frantasmas de Acontrabutaca no Multiusos
Cultura • 24/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Produccións Acontrabutaca presentan este sábado 26 de marzo ás 20.00h no Multiúsos da Xunqueira de Redondela a obra Franstasmas. Unha "comedia detectivesca" posta en escena da man de Fran Ameixeiras, Fan Rei e Fran Campos.


O argumento xira en torno ás peripecias dun matrimonio composto por un antropólogo inglés (Otis) e unha soprano americana (Lady Margarett) que viaxan a Inglaterra para tomar posesión dun vello caserón familiar. Trala súa chegada, na casa son recibidos por un sinistro mordomo (Aristóbulo) e unha explosiva ama de chaves (Cástula) que lles informan dunha estraña maldición familiar...


Dirixida por Xosé Lueiro e coas achegas do mestre de humor David Ottone do grupo Yllana, Frantasmas é unha comedia do absurdo onde o gag,os efectos sonoros e as influencias cinematográficas teñen unha presenza importante.


A escenografía permitirá ao espectador trasladarse a un antigo caserón de estilo victoriano onde as cadeiras se moven soas, as chemineas ocultan escuros pasadizos e os cadros observan os inquilinos da casa prognosticando terribles asasinatos.

Comentarios
discount christian louboutin shoes
Mércores 4 de Maio de 2011 ás 08:09 horas
I am learning to say cheap louboutin shoes this, whether it be in words or in my christian louboutin on sale way of being with others and myself, to those I love discount louboutins and for whom I care. And this I call loving christian louboutin shoes with an open hand. I cannot always keep my discount christian louboutin shoes hands off the cocoon, but I am getting better at ithttp://www.louboutinshoes-store.com/!
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: