www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 3 de Xullo de 2020

A nova lonxa de Cesantes estará rematada no 2012
Institucional • 23/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O director de Portos de Galicia José Manuel Álvarez-Campana presentou onte no Porto de Cesantes o proxecto para a nova lonxa. Un edificio moderno a un tempo que funcional que será a primeira pedra para converter o peirao de Cesantes en porto de referencia.


O edifico, cuxo proxecto foi presentado onte polo director de Portos de Galicia na súa visita a Redondela estará dividido en dous andares. Na planta baixa de 350 metros cadrados situaríanse os espazos ligados ás actividades de venta, transporte, clasificación e almacenamento. Tamén se localizarían nela os vestiarios para os usuarios e as cámaras de xeo e frío, tal e como demandaran os traballadores. A planta alta cunha superficie de 163 metros cadrados destinarase para usos administrativos, didácticos e de estudo, con estancias comúns.


O orzamento estimado da actuación sería de arredor de 630.000 euros, tal e como se contemplaba no Programa de Inversión para o porto redondelán. En canto aos prazos estimados, segundo explicou o director do ente autonómico ante os membros da corporación redondelá e o patrón maior de Redondela, Clemente Bastos as obras poderían comezar xa a finais deste mesmo ano e entrarían en funcionamento no 2012.


Segundo Portos de Galicia nun primeiro momento estudouse a posibilidade de rehabilitar o actual edificio, pero o seu mal estado obrigou a desbotar esta posibilidade, optando pola súa demolición e a construción dun edificio moderno que dea resposta a todas as necesidades manifestadas pola Confraría.


Un edificio que parece convencer aos traballadores do mar. Rita, unha mariscadora que asistiu ao acto de presentación amosouse satisfeita co proxecto, aínda que reclamaba que no proxecto global se teñan en conta outras demandas dos traballadores, como a necesidade de que o futuro peirao que se prevé construír sexa pilotado na súa totalidade para favorecer que haxa correntes.


No mesmo senso se manifestaba o socialista Eduardo Reguera quen reiteraba que esa é a única opción se se queren recuperar os bancos marisqueiros e a propia praia. Unha demanda que o director de portos asegurou que será tida en conta polos técnicos da Xunta.


Este proxecto de investimentos contempla, xunto coa lonxa, dotacións como a zona de varada e travellift ou os edificios de departamentos para usuarios e servizos náuticos. En total, Portos de Galicia deseñou para o porto de Cesantes unha inversión global de 6 millóns de euros, na que se enmarcan as citadas actuacións e que serán unha realidade no prazo de "4 ou 5 anos".

Comentarios
Arturo
Xoves 24 de Marzo de 2011 ás 00:04 horas
Perdón por ter unha opinión. Eu non critico o proxecto, non poñer na miña boca o que non dixen.
Digo que ese proxecto xa se presentou unha vez, se mal non recordo, e asistiron os invitados que quixeron. Criticouse que fose un acto partidista (non o digo eu, houbo nota de prensa ). Agora invítase aos concelleiros, e sendo un proxecto tan importante, debería asistir o representante máximo do Concello (aparte de outros concelleiros, coma o de cultura ). O Máximo Rey está desaparecido, e ainda non rematou o seu contrato,( penso).
E eu tamén penso que "está moi ben que se fagan esas obras", non digo o contrario.
Non sei se debo pedir perdón por ter unha opinión,...vos diredes.
O que sí parece é que están as sensibilidades a flor de pel, polo que vai ser mellor deixar de opinar ata que pasen as eleccións, xa que proliferan os francotiradores anónimos.
Bicos e tranquimazim, compañeiros.
Ata dentro de un mes.
Para Lola
Mércores 23 de Marzo de 2011 ás 22:25 horas
Amigo meu,estás en todo o que sexa "movida" creeme que eu non vou dicir a miña identidade porque repito non busco protagonismo,dígoche o que penso e voltarei a donde estou,non me interesa nin o máis mínimo decir o meu nome.Pero quizáis moita xente está cansa de que estés en todo o que sexa reclamar(tes o teu pleno dereito) pero quizáis esteamos esperando que deas o paso para así saber o que podes facer ti,porque e moi fáil criticar pero máis gobernar,e xa que todos estamos tan cansos do actual concello anímote a que te presentes e intentes cambiar as cousas.e unha pregunta:estarás co voto nulo ou coa FPG? e por certo,a altura do teu talón chega calquera persoa traballadora que loite polos seus dereitos,e eu niso non teño nada que envexarte.
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Mércores 23 de Marzo de 2011 ás 20:28 horas
O primeiro comentario non busca protagonismo, o primeiro comentario o que busca e facer un comentario libremente con nome e apelidos, sne esconderse nun pseudónimo. Conprendes a diferencia amigo \"Para Lola\"? O que fixo o primeiro comentario fai o seu traballo, e de xeito excelente, e fai todo o traballo que lle corresponde laboralmente incluso máis do que se espera del ou incluso fora de horas de traballo e incluso sen remunerar, e tamén todo o traballo para o que se presenta voluntariamente, que non é pouco e que non siginifico, porque xa explicando o que expliquei ata od e agora é suficiente. Coido que ti nin moitos podedes decir o mesmo. Primeiro por que ti non t eidentificas co teu nome e apelidos, e segundo porque non sabendo quen eres estou segurio de que ti si que te vai o de ser protagonista, estou seguro que para o pouco que teño feito eu, non me chegas nin ao talón.
Para Lola
Mércores 23 de Marzo de 2011 ás 19:04 horas
Aquí algúns so pensas niso Lola,criticar,criticar e só criticar.Estaría moi ben que se fagan estas obras,e tamén estou de acordo no que di Reguera,polo tanto felicitar tanto a PP coma o PSdG,cando se fai unha cousa ben aceptase e fora.Outros coma o do primeiro comentario só buscan protagonismo,de ahí que el estea en todo sen facer nada.
Lola
Mércores 23 de Marzo de 2011 ás 18:14 horas
A ver se vos poñedes de acordo. Un critica por que convocaron aos concelleiros, o outro critica por que non foi o alcalde. Ou arre, ou so, pero as duas cousas ao tempo é complicado.
Eu penso que se o que se presenta é a nova lonxa (o proxecto que se presentou antes correspondía a todo o porto) haberá que invitar a mariñeiros e mariscadoras. E por certo, polo que alí contaron, o que se pretende é recuperar as praias e zonas marisqueiras. Logo xa veremos se o fan, pero a idea pareceme boa. A ver se agora imonos queixar de que modernicen Cesantes !!!
Arturo
Mércores 23 de Marzo de 2011 ás 16:23 horas
Pero... este proxecto non foi xa presentado? Pois sí que lle sacan rendemento a unha mesma obra antes de comezar...
Preséntanno á corporación e non acude o Alcalde? ,... que xa non cobra do Concello por representalo?
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Mércores 23 de Marzo de 2011 ás 15:51 horas
Está moi ben, perfecto, en democrácia unha presentación sectorial ou sectaria, dun proxecto que nos afecta a tod@s, pois o mar, a ría é patrimoinio de tod@s. @s convocad@s, a coorporación, indispensable que nunha presentación estén sempre os máis incompetentes do pobo, os que se teñen significado pola súa defensa do interese común, ¿verdade?. Logo algúns "traballadores", para que o acto non careza dese aspecto popular, veciñal, ...... @s traballador@s, ese grupo de fraccionad@s por sindicatos, e partidos, queren un porto de referencia, porque Cesantes é unha potencia mundial en recheos, lodos, augas fecais e cemento, que é o futuro que ten a enseada de San Simón, pois o da Rede Natura, só a temos en conta para a promoción e reclamo turístico das terrazas privadas, gañadas aos espazos públicos.
[1-7]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: