www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 3 de Xullo de 2020

O BNG critica a decisión do PP de non asinar o manifesto do 8 de marzo
Política • 23/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

A polémica continúa en torno ao manifesto elaborado pola Concellería de Igualdade co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. O BNG entende que a decisión dos populares de non asinar o documento amosa a aposta deste partido por unha sociedade patriarcal e constitúe unha expresión de hipocrisía política.


Un texto que os populares rexeitaron apoiar alegando que o seu contido "non representaba ás mulleres de Redondela senón ás posturas ideolóxicas do bipartito local".


Interpretación ben diferente é a que fan dende o BNG, quen entenden que a postura do PP amosa a súa aposta por unha sociedade patriarcal e constitúe unha nova expresión de hipocrisía política.


Neste sentido os nacionalistas fan fincapé na Lei de Familia, cuxo anteproxecto foi aprobado polo Consello da Xunta e que ao seu entender constitúe "a plasmación dun papel secundario para a muller, ao deixala ao coidado dos fillos e dos maiores".


Engaden que este posicionamento do PP supón "unha involución clara e evidente por parte dos sectores máis reaccionarios da dereita, que entra na escena política tamén en Redondela"

Comentarios
Pepero
Domingo 27 de Marzo de 2011 ás 16:27 horas
E, consensuarono antes? ou presentaron o manifesto ao gusto do bipartito e como o PP non cedeu á súa presión agora veñen as críticas?
qué demócratas...!!! manda carallo.
Eugeni@
Mércores 23 de Marzo de 2011 ás 16:00 horas
BNG, PSOE, PP .... a mesma merda É!!! Deixade de xogar cas feridas dos cidadáns como arma electoral. Nin vos importan as mulleres, nin as victimas do franquismo, nin do terrorismo, etc. só xogades friamente con estes temas para tirarvos dos pelos uns aos outros de darvolas de guais "¡yo más que tu!". Con partidos políticos e sen movementos sociais, non se avanza, non hai progreso. Mulleres ao poder!!!
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: