www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 3 de Xullo de 2020

A asociación de veciños de Chapela reivindica o tren de proximidade
Sociedade • 23/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Entenden que os beneficios do corredor verde que vai discorrer polas actuais vías do tren non son comparables aos que produciría manter un servizo ferroviario con parada na parroquia.


En breve o apeadeiro de Chapela pasará a ser historia, de feito, hai xa días que ADIF procedeu a levantar unha parte das vías polas que discorrían os últimos trens que comunicaban Vigo e Redondela. De xeito provisional eses trens que aínda funcionan pasarán a desprazarse polas vías de mercancías que discorren pola parte baixa da parroquia e que desembocan na estación provisional de Guixar.


Con todo esta é unha alternativa que ten data de caducidade, xa que cando se constrúa a estación do AVE en Urzaiz, os trens de pasaxeiros non terán posibilidade de deterse en Chapela xa que o seu percorrido será como saben por baixo do túnel que arranca no Val de Maceiras e desembocará na estación viguesa.


As vías serán substituídas por unha senda verde dende Chapela e ata Vigo. Un corredor cuxa utilidade é posta en dúbida dende a asociación de veciños


Para o colectivo veciñal a única opción de contar no futuro cun transporte eficaz e ecolóxico como é o tren de proximidade pasa por conservar as vías actuais e modificar os proxectos existentes para a futura estación de Urzaiz que debería ser unha estación intermodal a onde puideran chegar os trens do AVE pero tamén os vagóns do tren de proximidade.

Comentarios
qué qué mula é?
Martes 29 de Marzo de 2011 ás 22:18 horas
uló Víctor? Víctor ou victoria for president. Eu quero un voto mulo xa!!!
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: