www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 3 de Xullo de 2020

O Concello flexibiliza os requisitos para poder cobrar
Institucional • 22/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Aqueles veciños que teñan unha débeda inferior a 6000 euros non terán que solicitar un aval bancario. Ademais os que se atopen en situación de desemprego ou se enfronten a unha situación económica difícil poderán fraccionar os pagos. Unhas medidas que facilitarán o pago de impostos, taxas ou mesmo sancións urbanísticas.

 


En tempos difíciles o obxectivo último é sempre cobrar a totalidade das débedas, aínda que iso supoña dar máis facilidades aos debedores. Conscientes desa máxima, no concello de Redondela decidiron aprobar unha serie de modificacións na actual ordenanza reguladora que permitirá aos veciños fraccionar e aprazar os pagos.


Así, aqueles que se atopen en situación de desemprego ou se enfronten a unha situación económica complicada poderán fraccionar os pagos para non ter que abonar máis de 30 euros mensuais.


Na modificación, aprobada no último pleno municipal o Concello renuncia a solicitar un aval bancario a aqueles que teñan una débeda inferior a 6.000 euros. O motivo que orixina estes cambios é a dificultade que a día de hoxe poñen as entidades bancarias á hora de conceder este tipo de avais.


Unhas medidas que facilitarán o pago de impostos, taxas ou mesmo sancións urbanísticas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: