www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 3 de Xullo de 2020

Os políticos apuran os últimos días permitidos pola Lei electoral para inaugurar obras
Institucional • 22/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O presidente da deputación Rafael Louzán e o conselleiro de industria Javier Guerra inauguraron onte en Soutomaior as obras de humanización das céntricas rúas de Arcade, Rosalía de Castro e Illas Alvedoras onde se investiron 664.000 euros co fin de darlle un perfil máis comercial


A partir do día 28 e ata que se celebren os comicios de maio os políticos non poderán participar en actos como o que tiña lugar onte en Soutomaior: a inauguración das obras de humanización nas rúas Rosalía de Castro e Illas Alvedosas. O conselleiro de industria, Javier Guerra e o presidente da deputación Rafael Louzán visitaron o concello para inaugurar unha obras sufragadas a través dun convenio asinado polo Organismo Provincial e o Concello con 500.000 euros no caso da rúa Rosalía de Castro. A actuación na rúa Illas Alvedosas custou 164.000 euros  e financiouse a través dun convenio entre o concello e a Consellería de Industria.


En ambas as dúas vías fixéronse instalacións baixo a rúa colocando tubarias para pluviais, fecais, de gas e alumeado. Na superficie colocáronse máis de 2.100m2 de pavimento de pedra sobre as beirarrúas ampliadas e asfaltáronse 5.000 m2 de estrada. Ademais, instaláronse novas papeleiras, farois e bancos e plantáronse árbores.


Na súa visita a Soutomaior, Rafael Louzán quixo tamén visitar o depósito de augas de Moreira, realizado con cargo ao Plan de Investimentos da Deputación (PID). A comunidade de Moreira contaba cunha rede de abastecemento de augas de hai máis de 30 anos cun depósito de formigón armado de 250.000 litros de capacidade. O incremento de poboación dos últimos anos facía imposible un correcto abastecemento coa infraestrutura existente.

Comentarios
Camioneira
Mércores 23 de Marzo de 2011 ás 12:29 horas
Unhas obras ncesarias e excelentes. E logo hai quen quere que desapareza a Deputación de Pontevedra! Para que? Para que Concellos como Soutomaior teñan máis dificultades para acometer este tipod e obras, para depender de que o aprobe o presidente dunha suposta area metropolitana de Vigo, alcalde ao memso tempo de Vigo, e que como o actual impide ou paraliza, por sistema as obras doutras administracións, que tutelan persoas que actuan igual ca el, pero que non son do seu partido?
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: