www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 6 de Xullo de 2020

Detido en Chapela por conducir un ciclomotor sen licencia
Sucesos • 10/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O detido, de 44 anos de idade e veciño de Vigo, conducía un ciclomotor sen contar coa licencia regulamentaria. Na xornada de onte producíase ademais un accidente en Rande que deixaba tres persoas feridas logo de colidir frotalmente un Peugeot 206 e un BMW.


Axentes da policía local de Redondela detiveron na tarde de onte a un veciño de Vigo de 44 anos de idade por conducir un ciclomotor sen contar coa licencia de conducir. Os feitos ocorreron ás sete da tarde de onte na rúa Manuel Rodríguez da parroquia de Chapela cando os axentes procederon a dar o alto a un ciclomotor con dúas persoas por carecer un dos ocupantes do casco regulamentario. Con todo, a infracción do condutor do vehículo ía mais alá xa que cando se lle reclamaron os papeis comprobouse que carecía do permiso regulamentario para ese tipo de vehículos polo que foi detido e pasará hoxe a disposición xudicial.


Tres feridos nun accidente en Rande


Por outra banda, na xornada de onte produciuse ademais un accidente en Rande que deixaba un balance de tres persoas feridas.


O accidente tiña lugar na baixada á Vieirasa en Rande ao redor das nove da noite cando colidían frontalmente dous turismo un Peugeot 206 e un BMW. A consecuencia do impacto resultaron feridas tres persoas que foron trasladadas en ambulancia a un centro hospitalario de Vigo. Ademais o sinistro provocou importantes retencións na N-552 ao obrigar a interromper a circulación dun carril.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: