www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 6 de Xullo de 2020

Presentación do libro "Alejandro Otero" de Enriqueta Barranco e Fernando Girón
Cultura • 10/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiusos da Xunqueira acolle hoxe ás 20:15 horas a presentación do libro biográfico "Alejandro Otero" de Enriqueta Barranco e Fernando Girón, editado por Caja Granada, entidade da que o médico redondelán foi Conselleiro. O acto estará moderado pola senadora Carmela Silva.


Os autores son directores da cátedra "Antonio Chamorro-Alejandro Otero" da Universidade de Granada e estarán presentes na charla coloquio que será moderada pola Voceira do PSOE no Senado e Senadora por Pontevedra, Carmela Silva, xunto co Secretario das Xuventudes Socialistas de Redondela, Isaac Araújo.


Esta presentación coincide coa mostra que sobre o médico e político redondelán está a ter lugar no mesmo Multiusos da Xunqueira e na que se fai un percorrido pola vida de Otero Fernández a través de diversa documentación así como de material cedido pola Universidade de Granada onde o médico desenvolveu gran parte da súa actividade investigadora e docente


A cita hoxe  é ás 20:15 horas aínda que a exposición pode visitarse ata o 25 de marzo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: