www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 6 de Xullo de 2020

O BNG chama aos redondeláns a manifestarse este domingo en Compostela
Institucional • 10/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

A manifestación baixo o lema "Galiza tén dereito. En defensa do emprego, do aforro e do País" desenvolverase o domingo 13 na Alameda de Santiago ás doce do mediodía. O BNG de Redondela fretará un autobús que sairá dende a explanada de depuradora na Avenida Mediño ás 10:30 horas para regresar cando remate a protesta. Os interesados poden reservar no teléfono 645175873, o prezo do billete ida e volta é de 5 euros.


Dende o BNG animan aos veciños a participar desta mobilización, co obxectivo de amosar a súa oposición ás políticas que están a desenvolver dende PP e PSOE e que cualifican de "ataque continuado aos sectores productivos galegos, que se ven agravados coa privatización da Caixa".


Aseguran dende a formación nacionalistas que a situación é especialmente preocupante na nosa comarca onde o "desemprego chega a cotas ata agora inimaxinables superando os catro mil parados e paradas".


Estos días a militancia do BNG de Redondela repartíu información sobre as causas que levaron á convocatoria da manifestación. O domingo pasado na feira de Redondela, e este mércores en Chapela, repartíronse panfletos onde se chamaba á cidadanía a mobilizarse posto que os galegos e galegas temos dereito a traballar e producir no noso País.

Comentarios
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 17:06 horas
Comentarios
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 16:57 horas

ISTO XA PASA DE MARRÓN GLACÉ A CASTIÑEIRO NEGRO.

Que aínda non haxa máis dunha semana tivésemos paralizada a nosa actividade por mor do servidor podía pasar. Pareceunos normal. O servidor, instalado nas terras da Alemaña e acostumado por tanto á rixidez, é dicir, a non estar acostumado do riso de continuo, podía crear situacións como a pasada, pero que onte de mañá, cando íamos instalar un troll, dous gnomos e unha mona como a que había na alameda de Pontevedra hai anos na nosa querida páxina volvese saltar de novo as alarmas e non fósemos quen de contactar con ela xa nos chegou aos oeufs.
Postos en contacto coa oficina de prensa de radio Nacional negáronnos que tiveran que ver co asunto. Postos en contacto coa oficina de prensa do cortello de Redondela, dixéronnos tamén igual. Postos en contacto cos partidos que teñen moita sede na rúa Alfonso XII pasounos o mesmiño. Postos en contacto co partido que ten moita sede na praza da Constitución idem de lienzo. Finalmente, cansos de tanto preguntar, concluímos que se trataba dunha puta sabotaxe contra nós e o que significamos: unha voz discordante, iconoclasta, ruda e dura. Está claro que nesta Redondela de opereta chegamos a molestar, e moito. Non deixa de ser un éxito para algo que non chegou a durar tres meses.
O malo é que os censores non se decatan que, canto máis se esforzan máis nos obrigan, e que a cousa non pode quedar así, evidentemente.
Chamamos a todos a rebelármonos contra este sistema hipócrita e contra destes políticos hipócritas que pretenden tomarnos o pelo e que, por riba, calemos, aguantemos como se fósemos ovellas. Vai sendo hora de que a xente desta vila lles diga a todos que se vaian tomar…unhas copas e deixen as cousas serias para a xente seria, como nós mesmos.


A nova máis lida
Sábado 19 de Marzo de 2011 ás 21:15 horas
¿Onde vai a nova máis lida e comentada "Alberto Covelo lidera a candidatura da FPG en Redondela"?
Algunha das da lista actual pode considerarse máis lida ca esta?
A quén lle molestaba?
Parece mentira, volvemos á censura.
Manuel
Venres 11 de Marzo de 2011 ás 14:59 horas
Manda carallo co BNG se autoexclúa dos partidos políticos que cualifican de "ataque continuado aos sectores productivos galegos, que se ven agravados coa privatización da Caixa". Ou que lles preocupe o emprego cando non din nada da Fonte do cucurucho, nin do despido do GRUMIR. NOn se pode foder e quedar virxe. O BNG e de Redondela non teñen credibilidade, teñen unha cara .....

Eu non vou ir a manifestación por que me da vergonza ir con estes mintireiros e manipuladores, traidores,.... Non vou porque non me fio que a manifestación sexa realmente para o que din, e non temos garantías de que o BNG, logo non cambie de idea ou nos utilice, Non vou porque Cralos Pazos ten unha conta no Santander Central Hispano de Redondela, e nunca o vin sacar cartos noutro caixeiro, nin dunha entidade galega, non vou porque nos temos que pagar o autobús pero Carlos pazos cobra dietas, e non ten nin a decencia de subercionar o autobus co que lle cobra da adicación exclusivaou o que recibe o BNG de Redondela polo pacto de goberno co PSOE, Non vou porque eu poño os 5 euros, o meu tempo, voz corpo, e eles o rentabilizan electoralmente e nunca recoñecerán que eu estiven alí, e contaran a miña presencia da mani como se só fora o BNG, e non eu.
Miguez
Venres 11 de Marzo de 2011 ás 09:27 horas
Na liña do que comenta Verónica, todo o mundo sabe que o BNG é un cadaleito andante.

Saudiños,
nemesio
Venres 11 de Marzo de 2011 ás 06:45 horas
Canto é o diñeiro que lle "prestou" a que daquela era a caixa do Gayoso ao BNG? De qué falan estes putos vendidos? Falan do porto de Massó, acaso? Falan de corruptelas como a que temos aquí en Redondela, uns ex nacionalistas apuntalando a un cacique dende hai moitos anos?
Ha gañar o PP desta, por desgraza. Pero conste que os grandes culpables serán estes máis os acólitos de don Jaime Rey.
Verónica
Xoves 10 de Marzo de 2011 ás 23:46 horas
Sorpréndeme que esta nova non teña máis comentarios, comparada coa do FPG... Será que do BNG xa non agardamos nada?
Victoria
Xoves 10 de Marzo de 2011 ás 17:40 horas
A situación é grave, ninguén o nega pero, vaise solventar todo isto cunha manifestación?
Acabaremos coma en Túnez, Exipto, ou con moita sorte coma en Islandia. Tempo ó tempo.
Pedro
Xoves 10 de Marzo de 2011 ás 17:29 horas
Aínda estando dacordo en que os galegos e galegas temos dereito a traballar e vivir no noso país, aínda recoñecendo a labor social das Caixas galegas, aínda sendo consciente da grave crise que padecemos, basta que esta movilización a convoque un partido que non é alleo a todas estas desgrazas, para que eu non participe.
Moi oportuna a manifestación en precampaña electoral.
[1-8]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: