www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 6 de Xullo de 2020

O Teatrarte retoma a programación coa Nona de teatro do Morcego
Cultura • 9/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O humor e as situacións delirantes volverán estar sobre o escenario este sábado coa última das propostas da compañía Teatro do Morcego, baseada nunha novela do autor arxentino Roberto Cossa.


Baixo a dirección de Celso Parada, "A Nona" cóntanos a historia dunha familia arxentina de orixe italiana que se enfronta a graves problemas económico por mor da avoa xa centenaria que come sen parar. Para tentar amañar a situación os membros da familia idean todo tipo de artimañas para sacar cartos, como tentar casar á avoa ou poñela a pedir esmola. Cando comproban que nada funciona deciden asasinar á nona, pero serán os membros da familia os que resulten mortos neses intentos.


O elenco está formado por Miguel Pernas, Mundo Villalustre, Mónica Camaño, César Martínez "Goldi", Elina Luaces, Miguel Varela e Iolanda Muiño.


A obra poderase ver o sábado no Multiusos ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 4 euros para o público en xeral, dous para estudantes e xubilados.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: