www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

A asociación de naseiros de Arcade denuncia o irregular funcionamento das depuradoras da ría
Sociedade • 21/08/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Vertidos como o acontecido o pasado sábado, procedente da depuradora de Ponte Caldelas e que orixinou a morte de centos de peixes e anguías “son periódicos e continuados” segundo puxo de manifesto o presidente do colectivo, Antonio Álvarez.




Os naseiros critican a falta de control por parte das autoridades así como a ocultación destes feitos por parte das empresas. Lembran que sucesos como o da fin de semana repítense durante todo o ano, pero que en moitas ocasións pasan desapercibidos para a cidadanía porque se producen no inverno.


A asociación de feito ven denunciando a situación dende hai anos sen que administración poña ningún tipo de medidas para evitar este problema. Teñen solicitado ademais unha reunión cos responsables de medio ambiente e de pesca da Xunta para abordar este asunto.


Álvarez alerta de que a situación empeorará na zona de Arcade, xa que está previsto que se engadan á depuradora do municipio vivendas de Ponte Sampaio o que definitivamente superará a súa capacidade

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: