www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 3 de Xullo de 2020

A retranca e a actualidade presente no martes de Entroido
Sociedade • 9/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O casco urbano congregou onte a milleiros de persoas nunca xornada marcada polo bo tempo, a festa e a queima do meco. O sábado Chapela acollerá a tradicional queima do berete na praia de Arealonga, unha comitiva que partirá ás 19:00 horas dende o Alto da Encarnación


Milleiros de persoas ateigaron onte o centro da vila para gozar da última xornada do Entroido co tradicional de disfraces individuais, parellas e grupos, que encheron de cor e diversión as rúas Alfonso XII e Ribeira durante toda a tarde.


Non faltaron disfraces orixinais que botaban man da actualidade como varias fontes piramidais que facían referencia ao monolito que se pretendía instalar na praza de Ribadavia en substitución do farol. Tamén desfilaron varios sinais de tráfico de 110 quilómetros por hora e o bo tempo fixo que algúns botaran man de disfraces máis propios do entroido do verán.


En canto aos premios que concede a Concellería de Cultura os gañadores no apartado de grupos foron "Barkingos" seguidos de "O cafetal do Muro". En parellas, o primeiro premio conseguiuno "Sopa de galo", seguido de "Radar 110 quilómetros por hora"; mentres que en individual, o vencedor foi "A peixeira co peixe na testa", e en segundo posto, "Meniña moscón".


Os actos concluíron cun espectáculo pirotécnico a cargo do grupo Troula, encargados un ano máis de prender lume ao Meco. A festa continuou cunha verbena na Praza de Ribadavia amenizada pola orquestra Hiroshima e, para os máis novos, con festa na Praza de Figueroa e na rúa Meixón Frío.


Enterro do berete
Os actos do Entroido concluirán o vindeiro sábado co Enterro do Berete de Chapela, co tradicional desfile desde o Alto de Encarnación ata a praia de Arealonga. Partirá ás 19:00 horas e cortarase un carril da Avenida de Vigo para permitir o paso da comitiva que se dirixirá cara as Catro Pontes para logo retroceder e rematar na praia, onde se procederá á incineración do berete.

Comentarios
Botellón!
Mércores 9 de Marzo de 2011 ás 14:08 horas
A nova falta facer unha referencia de que varios establecementos hosteleiros, crearon autenticas discotecas ocupando a vía pública, e cargando a veciñanza e o herario publico, cas mexadas, chorros de cubata e cervexa, lixo, como así o testemuñan as flamantes e xa asquerosas beirarúas da "Humanización", mentres o Concello complice cos hosteleiros e promotores do botellódromo custodiado polos porteiros da Policía Local de Redondela. Vamos non fixo negocio quen non quixo, a conta do patrimonio público, medios e servizos municipais. Xa vai valendo, o morro que lle botan algúns e a porcallada gratuita na que se convirte a vila para benefico de 4 e a alcolización da xuventude. Coma sempre Juventudes Socialistas de Redondela, estuvo con la gente de la calle emborrachandose como uno más!! Nenos bebede canto queirades, pero o 22 de maio xa sabedes que tedes que votar polos que vos deixan mexar, tirar lixo e os vosos cubatas na rúa, e a hostelería local votar a quen vos pon a seguridade, vos amplia o local, gratis , mira para outro lado para que fagades o voso agosto no mes de marzo
Lamberto Lamberto Cedeiro
Mércores 9 de Marzo de 2011 ás 10:07 horas
Querida Susi: És ti a autora deste notición...ou sinxelamente o copiaches e o pegaches, traducido ao galego, do orixinal, da autoría de Antonio Pinacho?
Ai, ai, culo, culo, culo!
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: