www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 3 de Xullo de 2020

O PP reclama maior control na zona azul
Sociedade • 7/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Insisten en que de nada serve crear prazas de aparcamento de zona azul co obxectivo de favorecer a rotación de vehículos se logo non existe un control real do tempo que cada turismo permanece estacionado no lugar. Reclaman ademais novas prazas en Vilavella e nas inmediacións do centro de saúde.


O PP insta ao goberno local a que tome medidas para solucionar a falta de aparcamento que existe na vila e que segundo denuncian prexudica ao comercio e á hostelería local ademais de causar importantes colapsos no centro urbano, afectando á calidade de vida, xerando ruídos e un maior gasto de combustible.


Critican que dende a concellería de tráfico se anuncien medidas encamiñadas a favorecer a rotación de vehículos como a regulación do aparcamento co sistema de prazas de zona azul, que logo non son efectivas por carecer de control algún. Ese sería o caso do Campo da feira, onde a pesar de que os vehículos so poderían estar estacionados por un período máximo de 90 minutos esa restricción non é acatada polo condutores, xa que non se están a sancionar aos que superan ese tempo.


Caso diferente é o da zona de Vilavella baixo o viaduto Madrid, onde dende hai meses operario municipais procederon a pintar de azul as liñas que delimitan as prazas pero nunca chegou a pórse en marcha o sistema de aparcamento limitado.


Con todo, dende o PP entenden que ademais deste tipo de medidas é imprescindible incrementar o número de prazas existentes e lembran que dende o concello xa se recoñecera a existencia deste problema e se prometera "hai moitos meses habilitar e acondicionar determinadas zonas como aparcadoiros en superficie para tratar na medida do posible de paliar a escaseza de prazas". Entenden que a solución no caso de Vilavella pasa por alugar parcelas a particulares para acomodar estes estacionamentos.

Comentarios
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 17:05 horas
Comentarios
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 16:57 horas

ISTO XA PASA DE MARRÓN GLACÉ A CASTIÑEIRO NEGRO.

Que aínda non haxa máis dunha semana tivésemos paralizada a nosa actividade por mor do servidor podía pasar. Pareceunos normal. O servidor, instalado nas terras da Alemaña e acostumado por tanto á rixidez, é dicir, a non estar acostumado do riso de continuo, podía crear situacións como a pasada, pero que onte de mañá, cando íamos instalar un troll, dous gnomos e unha mona como a que había na alameda de Pontevedra hai anos na nosa querida páxina volvese saltar de novo as alarmas e non fósemos quen de contactar con ela xa nos chegou aos oeufs.
Postos en contacto coa oficina de prensa de radio Nacional negáronnos que tiveran que ver co asunto. Postos en contacto coa oficina de prensa do cortello de Redondela, dixéronnos tamén igual. Postos en contacto cos partidos que teñen moita sede na rúa Alfonso XII pasounos o mesmiño. Postos en contacto co partido que ten moita sede na praza da Constitución idem de lienzo. Finalmente, cansos de tanto preguntar, concluímos que se trataba dunha puta sabotaxe contra nós e o que significamos: unha voz discordante, iconoclasta, ruda e dura. Está claro que nesta Redondela de opereta chegamos a molestar, e moito. Non deixa de ser un éxito para algo que non chegou a durar tres meses.
O malo é que os censores non se decatan que, canto máis se esforzan máis nos obrigan, e que a cousa non pode quedar así, evidentemente.
Chamamos a todos a rebelármonos contra este sistema hipócrita e contra destes políticos hipócritas que pretenden tomarnos o pelo e que, por riba, calemos, aguantemos como se fósemos ovellas. Vai sendo hora de que a xente desta vila lles diga a todos que se vaian tomar…unhas copas e deixen as cousas serias para a xente seria, como nós mesmos.


A nova máis lida
Sábado 19 de Marzo de 2011 ás 21:14 horas
¿Onde vai a nova máis lida e comentada "Alberto Covelo lidera a candidatura da FPG en Redondela"?
Algunha das da lista actual pode considerarse máis lida ca esta?
A quén lle molestaba?
Parece mentira, volvemos á censura.
Arturo
Martes 8 de Marzo de 2011 ás 01:24 horas
O PP preocúpase da zona AZUL, ao igual que o PE (nen socialista nen obreiro), e... non hai quen se preocupe da zona VERMELLA!!!
Non vos preocupedes, en nada privatizan o servicio, unha empresa "amiga " pon a dous enchufados da muller do alcalde a controlar, e...:
A RECAUDAR !!
oscar benavides
Luns 7 de Marzo de 2011 ás 17:19 horas
Coas humanizacions eliminanse a maioria dos aparcamentos en superficie, por que as contratas que fan as humanizacions son as mesmas que logo fan os aparcamentos soterrados, e asi hai negocio para todos.
Por sorte traballo.
Luns 7 de Marzo de 2011 ás 15:22 horas
E digo eu, pensades nos que van de compras ou de paseo, ¿e os que imos traballar non temos dereito a deixar o noso coche aparcado sin que nos multen ou nos cobren un ollo da cara? ¿onde aparcamos se non podemos cambialo de sitio cada 90 minutos? ¿ou temos que vir andando xa que non dispoñemos de transporte público? Hai que ter amplitude de miras e non solo queixarnos cando nos lastima o noso zapato.
Para os da Vila
Luns 7 de Marzo de 2011 ás 15:14 horas
É o que ten, iso de "humanizar" o casco urbán. Se non nos deixan outra alternativa iremos mercar e tomar un café onde nos sexa máis cómodo. Sodes vós quen nos botades de Redondela, logo nos vos queixedes se o comercio ten que pechar por falta de clientes. Queredes unha vila dormitorio? pois ides camiño dela.
[1-6]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: