www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

MDM teatro presenta“Las locuras por el veraneo” de Goldoni na Casa da Torre
Cultura • 20/08/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A actuación terá lugar hoxe xoves ás 23:00 horas dentro da programación das Noites Máxicas dos Viadutos


A compañía de teatro MDM producciones elixiu novamente ao autor Carlo Goldoni para levar sobre o escenario a súa obra “Los afares del veraneo”. Unha comedia de situación na que se nos narra os preparativos aos que se enfronta unha familia da burguesía italiana para irse de vacacións. Un argumento no que nos imos atopar con Leonardo, un home cargado de débedas que ten que procurar o xusto equilibrio entre as presións da súa irmá Victoria e o enfado da súa namorada Jacinta.


O amor, os cartos e as falsas apariencias convídannos a un divertido enredo, nesta obra na que tres actores, Daniel Vignolo, Mauricio Albera e Adriana Guerreo van interpretar a dez personaxes baixo a direción de Paco Saenz.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: