www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

Preocupación entre pescadores e ecoloxistas logo do vertido no Verdugo, Xunta e concellos afectados dan por normalizada a situación
Institucional • 20/08/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A pesar da alta mortalidade de peixes rexistrada no río Verdugo o pasado domingo, logo de que un fallo da estación depuradora provocara que un coagulante acabase no leito do río, a administración autonómica da por solucionado o problema por entender que o produto vertido, o policloruro de aluminio “non é altamente contaminante”.




Tamén dende o Concello de Soutomaior desbotan a contaminación nos areais de arcade e nas praias fluviais de Soutomaior logo de recibir os resultados das análises e levantan a prohibición de bañarse nestes areais.


Pola contra, tanto os pescadores como os ecoloxistas mostrar a súa preocupación polo sucedido e polas repercusións que poida ter o verdido, Así, a Asociación de Naseiros Alvedosa expresou onte a súa preocupación e lamentou que logo de múltiples denuncias ante medio Ambiente e o Seprona se continúen a producir fugas polo mal funcionamento das depuradoras. No mesmo sentido se manifestaron dende a Plataforma Pola defensa do Río Verdugo, quen reclaman o deseño dun plan de recuperación da fauna e a flora na zona afectada polo vertido


Expediente


Augas de Galicia expedientará ao Concello de Ponte Caldelas polo fallo na EDAR, a pesar de que o alcalde, Perfecto Rodríguez, afirmou que este non se podía prever, xa que se produciu por desgaste ou polas vibracións da planta. O Concello verase obrigado a incrementar as medidas de control e alarmas da depuradora, construída no 2005, para que calquera avaría sexa alertada de forma inmediata. Tamén reestudiará a súa seguridade e instalará unha balsa para evitar fugas de coagulante.


O suceso produciuse o pasado sábado, sobre as 21.45 horas, ao romper unha peza que une o depósito do coagulante da planta depuradora coas bombas dosificadoras. A avaría provocou que unha cantidade non cuantificada de policloruro de aluminio, diluído ao 18%, acabase no leito ocasionando a morte da gran cantidade de peixes

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: