www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 9 de Decembro de 2019

A gripe A non causa alarma entre os redondeláns
Sociedade • 18/08/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Os veciños móstranse tranquilos ante unha eventual expansión do virus H1N1. Dende os servizos sanitarios recomendan calma ante os pirmeiros síntomas de padecer unha gripe


A pesar do incremento paulatino de afectados e falecidos por esta enfermidade, dende as autoridades sanitarias insístese en que non hai motivo de alarma xa que o virus H1N1 non é especialmente  virulento. Promóvense medidas sinxelas tales como empregar panos de papel e lavarse as mans de xeito frecuente con auga e xabón.


En Redondela a xente non mostra moita preocupación e a propia farmacéutica do servicio de saúde local lembra que os virus da gripe mudan todos os anos o cal non quere dicir que se vaian producir unha maior índice de mortalidade. Considera fundamental que a xente non se alarme ante os primeiros síntomas de padecer unha gripe e insiste en que a incidencia no hemisferio sur, onde se atopan na estación invernal, non está a ser extraordinaria.


Hai quen mostra unha certa preocupación e, sobre todo escepticismo sobre a posible existencia de medicamentos axeitados para no caso de que se producira un repunte da gripe A de cara ao outono

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: