www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

“A Jran orchesta cheira que apesta” no Meixón Music
Cultura • 17/08/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O grupo, que actuará o xoves nas terrazas de Meixón Frío, está integrado por músicos de Redondela, Pontecaldelas e Soutomaior


Gaita, tamboril, arpa, pandeireta e incluso culleres poderán escoitarse este xoves na praza de Meixón Frío. A programación do Meixón Music continúa e esta semana traen ao seu escenario un experimento que leva por nome “A Jran orchesta cheira que apesta”.


Baixo este nome escóndense tres agrupacións que decidiron unirse para a ocasión. Atoparemos a algúns dos integrantes de “Os croquetas” de Redondela, de “Tamboril Furado” de Pontecaldelas e de "Os “primordiais” de Soutomaior que prometen ofrecer un repertorio cargado de folk duro.




Será como sempre o xoves ás 21:00 horas nas terrazas de Meixón Frío dentro da programación que organizan os locais O Escondidiño, A tenda de Candelaria e O café da vila.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: